Escoitar

A Xunta de Goberno aproba o convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de asociacións veciñais "Eduardo Chao"

Esta financiación destinarase a actividades, asesoría xurídica e ao Plano de Desenvolvemento Organizativo, e supón unha axuda de 54.091 euros.

luns, 4 out 2004
Un dos asuntos de importancia tratados na Xunta de Goberno foi o do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación de asociacións de veciños "Eduardo Chao". Para fomento do asociacionismo cidadán que permita unha maior presencia e participación vecinal na vida pública, este convenio establece unha axuda económica de 54.091 euros.

Esta subvención pretende financiar en parte o conxunto de accións organizativas, informativas e socio-comunitarias dunha Federación sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública municipal e que agrupa outras 33 asociacións.

Os termos do convenio que asinarán Concello e Federación especifica unha colaboración entre ambas entidades dende hai anos en diferentes programas de interese xeral. Co fin de garantir o necesario desenvolvemento da Federación e as súas actividades, quedan establecidas as seguintes financiacións:

Para gastos xerais de administración e xestión, 25.285 euros.
Na festa veciñal 2004, 5.000 euros.
Para asesoría jurídica, 9.000 euros.
Para as xornadas de presentación do Plano de Desenvolvemento Organizativo, 7.150 euros.
Para o Plano de Desenvolvemento Organizativo, 7.656 euros.
Estas partidas dan un total de 54.091 euros.