Antimatiz sube a escena no Festival de Teatro Alternativo
mércores, 5 mai 2004A compañía Antimatiz Teatro de Bos-Aires/Madrid pon en escena a obra "Beautiful People"o xoves día 6 ás 20.30 horas no MARCO
A compañía Antimatiz Teatro de Bos-Aires/Madrid pon en escena a obra "Beautiful People"o xoves día 6 ás 20.30 horas no MARCO
Desde o 30 de abril e ata o vindeiro 18 de xullo, a Fundación Laxeiro expón na sala B da súa sede en Vigo, os últimos traballos do artista galego Álvaro Negro (Lalín, Pontevedra, 1973) que son o resultado das súas últimas experiencias, no Central Saint Martins College of Art and Design de Londres, durante o pasado ano.
A Casa das Artes de Vigo acolle dende hoxe unha mostra itinerante da exposición "Galiciadixital" que estará aberta ao público ata o 9 de maio en horario de 11.00 ás 14.00 horas e de de 18.00 ás 21.30 horas e que promove a consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en colaboración co Concello de Vigo e Telefónica, entidade patrocinadora do Xacobeo 2004.
O próximo venres, día 30 de abril a partir das nove da noite, o pavillón de As Travesas, acollerá o espectáculo "O Xacobeo da Mocidade". O concerto, de carácter gratuíto, presentouno hoxe o concelleiro de Cultura ,Ignacio López Chaves e Xerardo Rodríguez , coordinador de espectáculos do Xacobeo 2004.
A directora do MARCO, Carlota Álvarez Basso, presentou a programación do museo para os meses de abril e agosto do presente ano que se centrará en exposicións temporais, actividades audiovisuais, encontros de arte sonora, mesas redondas e conferencias, e programa didáctico, entre outras.
Un total de 2.624 persoas visitaron a exposición "Castrelos Inédito. Obras na reserva do museo municipal de Vigo 1950-2000" dende a súa inauguración, o pasado 9 de marzo.
O Marco amosa a exposición "A CREACIÓN DO NECESARIO. Aproximacións ao deseño do século XX en Galicia" de 2 de abril ata o 13 de xuño de 2004. A comisaria da exposición é María Luisa Sobrino e presentouse na mañá do venres polo concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves; o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea e pola directora do Marco, Carlota Álvarez Basso.
O Museo Municipal "Quiñones de León" organiza, dentro do seu programa conmemorativo da Reconquista viguesa, visitas guiadas polo barrio histórico da cidade, seguindo os pasos do acontecido en 1809.
O Museo Municipal "Quiñones de León" organiza, dentro do seu programa conmemorativo da Reconquista viguesa, visitas guiadas polo barrio histórico da cidade, seguindo os pasos do acontecido en 1809.
O Museo de Castrelos acolle a exposición "Vigo 1809: Reconquista. Feitos, armas e personaxes" que se abre ó público ata o 25 de xullo. A mostra de gran formato está composta por mais de 160 elementos maioritariamente das época da Reconquista no contexto da Guerra da Independencia en 1809.