Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Artes e Oficios
A Escola Municipal de Artes e Oficios oferta máis dunha veintena de actividades de temática variada, dirixidas a xoves e adultos e totalmente gratuítas. A matrícula para o vindeiro curso permañecerá aberta dende o mércores e ata o 27 de setembro.
A antigamente denominada Universidade Popular oferta este curso un amplo abanico de actividades que abarcan dende as artes populares ata a música, pasando polos idiomas. Os cursos de arpa céltica, artes gráficas, canto popular, cerámica, construcción de zanfona e gaita, corte e confección, debuxo, encadernación, encaixe de palilllos, escultura e talla na madeira, gaita, galego, luthería antiga, ourivería, percusión, pintura, repuzado en coiro, requinta, son e música moderna, violín, folk ou zanfona, ademáis dos cursos intensivos de inglés e francés, son algúns exemplos.
Os que desexen participar destas actividades totalmente gratuítas, poderán formalizar a súa inscrición na sede da Escola Municipal de Artes e Oficios, sita na rúa García Barbón, 5, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.
A matrícula permañecerá aberta dende o mércores 15 ata o vindeiro 27 de setembro.
Descargar todas as imaxes