Escoitar

A alcaldesa e UXT Galicia apostan por soterrar as vías do futuro AVE en Vigo

A rexidora comparte a preocupación dos responsables do sector ferroviario do sindicato para "non dividir a cidade en dous".

martes, 14 set 2004
1095153691coriugt.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asegurou hoxe que comparte a mesma preocupación que os responsables do sector ferroviario de UXT de Galicia por soterrar as vías do futuro AVE na cidade e crear unha avenida verde, e porque a futura estación sexa pasante. A rexidora, tras un encontro co responsable do sector ferroviario deste sindicato, Cándido Rodríguez Graña, e outros integrantes de UXT Galicia, asegurou que as grandes infraestructuras de comunicación son unha prioridade para o Concello e, dentro destas infraestructuras, "o AVE é unha cuestión irrenunciable" e anunciou que dentro de quince días, o Conselleiro de Política Territorial presentará o estudio sobre as distintas alternativas da chegada do AVE a Vigo.

Pola súa banda, o responsable do sector ferroviario de UGT, Cándido Rodríguez, agradeceu a preocupación da alcaldesa e a súa aposta por soterrar as vías do tren de alta velocidade, "unha actuación –dixo- imprescindible para non dividir a cidade en dous" e que evitaría a creación de barrios marxinados e separados.
Descargar todas as imaxes