venres, 11 abr 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e o presidente da Asociación Galega de Artistas Visuais, Manuel Quintana, abriron a exposición de obras doadas polos autores á Plataforma Nunca Máis para a súa poxa.
venres, 11 abr 2003
A primeira das mostras trata sobre o deseño de obxectos e titúlase "Prototipos". Permanecerá aberta ata o 4 de maio.
venres, 11 abr 2003
O sábado e o domingo celebranse dous concertos do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura. Os concertos terán lugar na Concatedral de Santa María de Vigo, ás 21:00 horas. A programación do sábado estará a cargodo grupo de música barroca Arte Mínima e o domingo de Mercedes Hernández.
xoves, 10 abr 2003
O Conservatorio Superior de Música de Vigo será o escenario do segundo concerto do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura. O concerto que comezará as 20.30 horas estará a cargo de Teresa Novoa, Nuria Lorenzo e a Sinfoneta de Vigo.
xoves, 10 abr 2003
A mostra que se inaugura no Marco recupera a antiga sección da Fotobienal. A producción da exposición incluíu a restauración e catalogación das imaxes realizadas por fotógrafos de ámbito internacional arredor do paisaxe e influencia viguesa. As fotografías integran a Colección Fotográfica do Concello de Vigo.
mércores, 9 abr 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, afirmou que Del Riego é un exemplo e un modelo de persoeiro galego universal.
mércores, 9 abr 2003
O ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura ábrese cun concerto dedicado á música relixiosa no barroco alemán a cargo de José Antonio Carril e a Ensemble Barroco do Chiado. O concerto, público e gratuíto, comezará ás 21:00 horas na Concatedral de Santa María de Vigo.
martes, 8 abr 2003
Do 10 ó 13 de abril celebrarase a cuarta edición do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura co patrocinio de Caixagalicia. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou o programa dos catro concertos que terán como escenario a Concatedral Santa María de Vigo e o auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo, con entrada libre ata completa-lo aforo.
luns, 7 abr 2003
A Concellería de Cultura patrocina a mostra "Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego" que se exhibe na Casa Galega da Cultura. A Editorial Galaxia publicou un libro coa reproducción das cartas.
luns, 7 abr 2003
A exposición titulada ”Formas de ser”, da artista viguesa Andrea Costas, que se poderá visitar na Sala B da Fundación Laxeiro ata o vindeiro 20 de abril. Na exposición, organizada pola Fundación Laxeiro en colaboración co Centro de Estudios Fotográficos, figuran imaxes de tres series de fotografías: Tempo ao tempo, Incorporados e Composturas.