Escoitar

A Asociación Cancerbero celebrará o sábado partidas de rol ao aire libre na rúa Príncipe

A iniciativa responde ao 30 aniversario da creación do xogo "Dungeons & Dragons" ("Dragóns e alxubes") e ten como finalidade dar a coñecer á poboación o desenvolvemento das partidas de rol.

venres, 15 out 2004
A Asociación xuvenil de xogos de rol, cartas e estratexia "Cancerbero", apoiada pola Concellería de Xuventude de Vigo, celebrará o vindeiro sábado 16 de outubro, na rúa do Príncipe, unha serie de partidas de rol de demostración e introducción a este tipo de xogos.

O evento celébrase con motivo do 30 aniversario da creación do xogo "Dungeons & Dragons" (creado por Gary Gygax e David Arneson, tamén coñecido en España como "Dragones y Mazmorras" gracias á famosa serie de debuxos animados) e baséase nunha iniciativa da Asociación Nacional de Jugadores de Rol, Estrategia y Simulación "Homo Ludens" para acercar os xogos de rol á xente da rúa e dalos a coñecer.

A actividade, que consistirá en varias partidas de diversos xogos de rol, terá lugar nun espacio habilitado para tal fin fronte ó Marco, e ten como cometido que a xente poida ver e comprobar por si mesma en que consiste un xogo de rol e como se desenvolve.

As partidas comezarán ás 18:00 e rematarán ás 21:00 h. Nelas participarán diversos membros da Asociación xuvenil Cancerbero. En caso de que o clima non sexa favorable a actividade será suspendida.