Escoitar

Xunta de Goberno Local

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de outubro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

venres, 15 out 2004
ALCALDÍA
1.- Prórroga por tres meses do convenio en vigor entre o Concello de Vigo e a Escola para as Administracións Públicas Caixanova, para a realización dun programa de iniciación profesional na empresa. Expte. 1486/101.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 4/2004 interposto por CORREOS Y TELÉGRAFOS S.A. contra desestimación de rec. reposición en relación con liquidacións de taxas por entrada de vehículos e lixo. Desestimado.

3.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 84/2004 interposto por Dª Mª GLORIA GONZÁLEZ VILAS contra desestimación presunta de reclamación patrimonial. Estimado parcialmente.

4.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 150/2004 interposto por D. FEDERICO CABRERA DOMÍNGUEZ contra desestimación presunta de reclamación patrimonial. Estimado parcialmente.

5.- Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra no r.c.a. nº 112/04 interposto por Gestinova Rías Baixas S.L. contra resolución de Alcaldía sobre sanción de tráfico. Estimado o recurso.

6.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 03/7684/01 interposto por Dª M.C. CABALEIRO RODRIGUEZ E OUTROS contra decreto 62/00 de 16 de marzo de declaración urxente de ocupación dos bens necesarios para execución do proxecto de recuperación de canles no Concello de Vigo. Inadmisible o recurso.

7.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 03/7154/2001 interposto por D. SALVADOR MUÑOZ NOGUEIRAS E OUTROS contra resolución sobre depósitos previos e "vías de feito" na expropiación de bens para a execución do Proxecto de recuperación de canles. Desestimado o recurso.

8.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4422/01 interposto por Dª. ANA BELÉN LÓPEZ CARIDE contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Estimado parcialmente.

9.- Sentenza do TSXG no r.c.a. nº 02/4562/01 interposto por D. MANOEL SOTO FERREIRO contra acordos plenarios sobre adxudicación do concurso para a concesión do servicio de recollida e transporte de RSU. Desestimado o recurso.


BENESTAR SOCIAL
10.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para o fomento e a homologación das políticas municipalistas de cooperación ao desenvolvemento. Expte. 11024/301.

11.- Prestación do Servizo de axuda no fogar: alta exptes. 14/15232, 14/15857, 14/30515 e 14/30634.


FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
12.- Pagamento de dereitos de autor derivados da realización das actividades e espectáculos incluídos no programa das Festas do Cristo da Victoria 2004. Expte. 1220/335.


MOBILIDADE E SEGURIDADE
13.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo en materia de mobilidade. Expte. 70115/210.


MUSEO QUIÑONES DE LEON
14.- Préstamo da obra "Rapaza con gato" de A. Sotomayor ao Museo Etnográfico Liste de Vigo para exposición. Expte. 1244/337.


PATRIMONIO HISTÓRICO
15.- Proxecto de convenio marco para o financiamento da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo, anos 2004-2005. Expte. 2185/307.


TURISMO
16.- Adxudicación da subministración e instalación de xardiñeiras colgantes en zonas comerciais e peonis. Expte. 1520/104.


URBANISMO
17.- Encomenda provisional de funcións da xefatura de negociado de Licenza de Obras a Dª Teresa André Alonso. Expte. 499/407.

18.- Aprobación inicial de Proxecto de urbanización polígono entre as rúas San Xoan e Padre Celso. Expte. 4507/401.

19.- Cesión gratuíta de terreos para ensanche e mellora da Estrada de Fragoselo a Coruxo. Expte. 40908/250.


20.- Rogos e preguntas.