mércores, 13 out 2004
O curso comezará o luns 18 de outubro e terá unha duración de sete semanas a razón de dous horas diarias de luns a xoves, ademais de titorías personalizadas para tódolos alumnos. A preinscripción realizarase telefonicamente na Fundación<br />
Galicia Emigración e entre hoxe e mañá impartiranse dúas xornadas de información e selección das 20 prazas previstas.
mércores, 13 out 2004
A xornada de mañá estará totalmente dedicada aos maiores en Cotogrande. Comezará con sendas actuacións da coral Agarimo e a escola municipal de danza, para rematar cunha merenda e baile amenizado por orquestra.
mércores, 13 out 2004
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 14 de outubro de 2004, ás 9,30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda.