O Concello de Vigo asina un convenio de colaboración coa asociación Alborada en materia de prevención de drogas entre a xuventude
O convenio prolongarase ata 2005 e supón unha inversión total de 37.000 euros. A asociación Alborada leva 22 anos traballando en Vigo cunha labor principalmente informativa que pretende chegar, non só aos mozos, senón tamén aos pais e educadores.
O Concello de Vigo e a Asociación Alborada asinaron un novo convenio de colaboración que prolongarase ata 2005 co obxectivo de darlle unha maior confianza e continuidade á labor da asociación na súa loita preventiva e informativa da problemática do consumo de drogas entre os mozos. O acordo prevé unha inversión de 37.000 euros en dous anos a razón de 18.000 euros no 2004 e 19.000 euros para o 2005.
A asociación Alborada, a primeira que realizou funcións de prevención de drogas no sur de Galicia, ven realizando a súa misión dende hai 22 anos, cun traballo de campo que implica a aproximación aos rapaces nas súas áreas de ocio nocturno para informarlles, dun modo non invasivo, dos problemas e riscos reais que implican o consumo de drogas, tanto legais como ilegais. "Se non podemos conseguir que non consuman, ao menos que estean ben informados do que toman e os seus efectos", explica Jesús Coucelo, director da asociación Alborada.
O achegamento non invasivo facilita a conexión entre os mozos e os informadores, que teñen repartido máis de 3.000 folletos dende outubro de 2003, cunha resposta máis que positiva da xuventude. A asociación Alborada pretende, máis aló da prevención e a información, lograr unha reconciliación entre a sociedade viguesa e a xuventude, tantas veces desentendida polos seus hábitos nocturnos.
Alborada realiza a súa tarefa informativa en varios frontes: entre semana, nos centros formativos, asociacións de pais e colectivos concretos e, no fin de semana, directamente sobre a xuventude nas áreas tradicionais de ocio nocturno vigués, como poden ser a rúa Montero Ríos, o Náutico ou o Castro. "Queremos que pais, educadores e mozos accedan a unha información veraz e realista das drogas, evitando a mitificación dos que creen sabelo todo e a desinformación que a miúdo teñen os pais", explica Ángeles Montero, coordinadora do programa Creative que desenrola a asociación.
Da súa longa experiencia, a asociación Alborada manexa algúns datos interesantes dos hábitos nocturnos da xuventude viguesa:
- As drogas máis consumidas seguen a ser as legais: alcohol e tabaco, seguidas do cannabis, cocaína e drogas de deseño.
- Un rapaz dedica por termo medio oito horas ao ocio nocturno
- Entre un 18 e un 20% dos mozos que saen de noite son menores de idade.
- O vehículo persoal non é o medio máis utilizado para o transporte.
- Preocupa o consumo masivo e crecente de alcohol, hachís e cocaína.
- Diminúe o consumo de heroína e éxtases.
- A cocaína que se está atopando en Vigo ultimamente ten un 80% de pureza.
- A día de hoxe hai uns 3.000 vigueses a tratamento para desintoxicarse.
- A maior parte da xente nova que sae polas noites ten un alto poder adquisitivo, e moitos deles son universitarios.
Descargar todas as imaxes