Escoitar

Corina Porro recibiu aos organizadores do XLIV Congreso anual da cerámica e vidro, que se celebrará en Vigo entre o 10 e o 13 de novembro

A Sociedade Española de Cerámica e Vidro celebrará o seu XLIV Congreso Anual na cidade de Vigo, do l0 al 13 de novembro próximo, en colaboración co Dpto. de Física Aplicada da E.T.S.I. Industriais da Universidade de Vigo e co apoio do Instituto de Cerámica de Santiago e o resto de Universidades Galegas.

venres, 15 out 2004
Na presente ocasión o congreso celebrarase en Galicia, rexión que xogou un papel fundamental nas etapas iniciais da SECV e á que voltaron en diversas ocasións. Este Congreso vaise celebrar nunhas circunstancias moi relevantes para o sector cerámico. Este sector industrial viu duplicar as súas cifras de producción na última década, hoxe o constitúen 2.500 empresas, 100.000 traballadores e o valor total da producción sitúase en mais de 12.000 M€. A actividade da construcción, o desenrolo das infraestructuras, ou a demanda do consumo foron os seus principais impulsores. Dentro da Unión Europea, España e Italia dispoñen das industrias cerámicas mais potentes e innovadoras.

Sen embargo a industria cerámica aborda este comezo de século cun cambio de tendencia. Todo apunta a que no futuro o gran peso desta industria desprazarase cara a novas áreas xeográficas con maior potencial de crecemento demográfico menores custos salariais e medioambientais.

O XLIV congreso quere facer esta reflexión dende Galicia, que dispón de empresas e centros de investigación moi ben posicioados ante este futuro. O congreso, que se celebra por primeira vez en Vigo e coa colaboración da súa Universidade, integra no seu Comité organizador, xunto a empresas relevantes da rexión ( Sargadelos, IKFurniture, Ferrogres, Nueva Cerámica Campo, Cerámica da Moura, etc.), ao Instituto de Cerámica da Universidade de Santiago. Así mesmo contará cunha nutrida participación dos centros portugueses, como as Universidades de Aveiro, Coimbra, Porto e Lisboa, así como do Centro Politécnico de Viana do Castelo.

O congreso, no que se esperan mais de 300 participantes e 100 comunicacións, acollerá mesas redondas e sesións monográficas sobre temas de especial interese, tales como Novas Tecnoloxías no Procesamento Cerámico (LASER), Reciclado e Medioambiente, e Materias Primas de Galicia entre outras. Tamén se prevén visitas a distintas plantas industriais da rexión.