Escoitar

A alcaldesa de Vigo, o conselleiro de Política Agroalimentaria e os alcaldes de nove municipios da provincia, asinaron os contratos do programa PRODER para o achegamento das novas tecnoloxí

O proxecto, calificado de innovador polo conselleiro José Antonio Santiso Miramontes, supón 11 actuaciones para a instalación de 3 centros neuronais e 8 centros de antena nos concellos involucrados.

venres, 15 out 2004
1097849546xornal.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, e mailos alcaldes dos concellos de O Porriño, Mos, Baiona, Nigrán, Gondomar, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Soutomaior e Redondela, asinaron os contratos de axuda aos 11 proxectos enmarcados no programa PRODER II ADR-MAIV.

Cos obxectivos de fomentar o desenvolvemento das áreas rurais e achegar as novas tecnoloxías de información e comunicación a ditas áreas e á poboación que nelas residen, os proxectos aprobados son os que seguen:

3 centros neurais repartidos entre os concellos de Gondomar, O Porriño e Soutomaior.

8 centros antena repartidos entre os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Entidade Menor de Bembrive en Vigo e 2 centros nas parroquias viguesas de Candeán e Saians.

Os centros neuronais consisten nun espacio con capacidade para acoller distintos usos, como un cibercentro, un sementeiro de empresas, unha sala de usos múltiples, outra de reunións e un área de recepción.

A instalación destes centros de contacto entre a poboación e as novas tecnoloxías supoñen un orzamento total de 11.511.848 euros, dos que 7.183.242 euros corresponden a axudas públicas.

A alcaldesa Corina Porro valorou moi positivamente a chegada efectiva das novas tecnoloxías ao medio rural, o que supón, ademais dunha ferramenta de gran utilidade, un elemento de "integración social", e comprometeuse a asegurar o eficaz funcionamento das instalacións, fomentando ademais o seu uso a través de diferentes actividades dende o Concello.

Pola súa parte, o conselleiro José Antonio Santiso Miramontes, destacou o proxecto como "innovador e unha aposta de futuro, no que se opta claramente polas novas tecnoloxías e pola súa priorización fronte a outras iniciativas máis tradicionais, contribuíndo ao asentamento dunha industria e un comercio moderno máis aló das fronteiras da urbe". Santiso Miramontes sinalou a conveniencia de asimilar estas ferramentas no mundo rural e a súa utilidade para comunicarse, informarse, vender e darse a coñecer.
Descargar todas as imaxes