Escoitar

A Corporación Municipal convoca unha concentración en memoria da xoven Sara Alonso

Está prevista para mañá venres ás 19:00 horas na praza do Rei, e ademais de gardarse uns minutos de silencio procederase á lectura dun comunicado.

xoves, 14 out 2004
A Xunta de voceiros, nunha reunión mantida hoxe de xeito extraordinario, acordou convocar para mañá venres, 15 de outubro, unha concentración en memoria da xoven asasinada en Vigo Sara Alonso. Con este acto preténdese lembrar a todas as mulleres que veñen de sufrir actos violentos.

Na concentración, que terá lugar ás 19:00 hora na Praza do Rei, gardaranse uns minutos de silencio e procederase á lectura dun comunicado, que será consensuado previamente polos grupos políticos municipais.