O ano 2022 será “o Ano Laxeiro” en Vigo
venres, 16 xul 2021O alcalde anunciou que a cidade renderá homenaxe ao pintor con motivo do 25 aniversario do seu falecemento. Por mor da pandemia, a exposición será no MARCO o próximo ano.
O alcalde anunciou que a cidade renderá homenaxe ao pintor con motivo do 25 aniversario do seu falecemento. Por mor da pandemia, a exposición será no MARCO o próximo ano.
Abel Caballero recibiu este mércores aos organizadores e lles informou de que en próximos días a Xunta de Goberno Local aprobará o convenio entre o Concello e a Deputación, administracións que destinan este ano medio millón ao evento.
Bandas de música, corais, orquestra, música pop, rock ou clásica no centro da cidade e nas parroquias. O alcalde deu conta das actividades programada para esta fin de semana na cidade, que inclúe “concertos, concertos e concertos pagados polo goberno municipal”.
O alcalde participou este xoves no acto de inauguración da XLVII edición da Feira que, ata o 10 de xullo, acollerá diferentes actividades, sinaturas de libros e encontros con escritores. Caballero convidou a toda a cidade que “acuda aquí, que veñan á rúa do Príncipe, paseen polas casetas, se poden que merquen un libro ou que se acheguen a saudar ás libreiras e libreiros”, a quen agradeceu o seu labor e a súa proximidade aos lectores e á cidade.
O concelleiro de Cultura, Abel Losada, subliñou o apoio do goberno municipal ás librarías a través da campaña de fomento do comercio local e invitou aos cidadáns a mercar libros porque “é unha boa inversión en termos vitais”.
A música encherá “todo o espectro da cidade”, dixo o alcalde, e incidiu no “apoio decidido” ao comercio de Vigo.
Desde o 29 de xuño ata o 29 de xullo as nenas e nenos entre 3 e 12 años poderán coñecer a través de xogos a obra dos artistas.
A partir do 25 de xuño poderase visitar a obra dos alumnos da Escola Municipal de Artes e Oficios. “É unha exposición ilustrativa. Eu recomendo visitala”, dixo o alcalde en rolda de prensa.
O Concello coopera coa formación na celebración de varios recitais nas próximas semanas que levarán a súa música a diferentes espazos da cidade. Castrelos, Navia, Barreiro e Alcabre serán os escenarios deste ciclo.
O alcalde deu conta este venres da aprobación en Xunta de Goberno Local da contratación das obras de mellora do firme en varias vías do rural, por 184.000 euros, e das obras de humanización do Camiño da Pomba por 153.000 euros. Amais, o Concello aceptou a doazón da biblioteca persoal de Darío Álvarez Basso á Emao.