Escoitar

Vigo estrea once placas en espazos que vinculan a Laxeiro coa cidade

O alcalde xunto a Carlos García-Suárez, secretario da Fundación Laxeiro, e aos fillos do fundador da Taberna Eligio descubriron este xoves a placa situada nun lateral do establecemento onde o pintor pasou moitos momentos de ocio.

xoves, 29 xuñ 2023
O rexedor e parte dos asistentes á descuberta da placa
O rexedor e parte dos asistentes á descuberta da placa

A Taberna de Eligio na Travesía da Aurora, o número 2 da rúa Poeta Carlos Oroza, o 26 de Príncipe, Urzáiz 1/Manuel Núñez 2, os números 16 e 20 de Urzáiz, a Primeira Travesía de Santiago de Vigo, o 7 de García Barbón, o número 5 da Praza de Compostela, o 6 de Santa Marta e o 98 da Avenida Atlántida lucirán placas conmemorativas do paso de Laxeiro por eses lugares.

A iniciativa nace no marco da celebración do Ano Laxeiro, como un proxecto de mapeado da cidade coa localización daqueles lugares vinculados co pintor para fixar na memoria colectiva o estreito vínculo do artista con Vigo. Amais da sinalización, mediante a colocación de 11 placas de bronce, neses espazos, activarase unha web imaxes do artista e da súa obra.

Abel Caballero valorou o proxecto que identifica “os lugares nos que desenvolvía a súa faceta vital e artística habitual o pintor extraordinario e excepcional, que era Laxeiro”.

O rexedor e parte dos asistentes á descuberta da placa
Descargar todas as imaxes