venres, 30 xuño 2023

O alcalde eloxia o labor dos coidadores de barrio aos que o Concello adica 610.000 euros

venres, 30 xuñ 2023

O alcalde achegouse esta mañá á Porta do Sol para saudar aos máis de trinta e cinco profesionais que forman parte do programa de Coidadores de Barrio. Este servizo, que conta cun orzamento de 610.000 euros, préstase durante todo o ano, en horario de mañá e de tarde. Durante o encontro, Caballero felicitou aos traballadores e traballadoras pola súa labor que vai desde acompañamentos a médicos ou compras ata axudas para a realización de trámites ante as distintas administracións.