Escoitar

Concello e Goberno de España acordan humanizar a Avenida de Madrid nos próximos tres anos

Abel Caballero deu conta do convenio aprobado en Xunta de Goberno entre o Concello e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para o deseño, execución e financiamento das obras na Avenida de Madrid. O Goberno de España aportará 11.200.000 euros dos 16.800.000 orzamentados. O executivo local contratará as obras “de xeito inmediato”.

venres, 30 xuñ 2023
Imaxe de arquivo da Praza de España
Imaxe de arquivo da Praza de España

A humanización da Avenida de Madrid comezará “de xeito inmediato”. O alcalde deu conta da aprobación do convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Concello para o deseño, execución e financiamento das obras.

Segundo explicou Caballero, o orzamento previsto é de 16.800.000 euros dos cales 11.200.000 euros será aportados polo Goberno de España e o resto executivo local. Ambas as institucións teñen previsto rematar as obras nos próximos tres anos. “É unha humanización de alto standing”, declarou o rexedor, que xa anunciara o comezo das obras unha vez rematada a obra das ramplas da Gran Vía e o túnel de Lepanto.

Descargar todas as imaxes