Escoitar

A Policía Local vixiará a seguridade nas Illas Cíes durante as fins de semana do verán

O alcalde informou este xoves do inicio do traballo dos axentes o vindeiro sábado, 3 de xullo, en coordinación coa Policía Nacional que cubrirá o servizo durante a semana polo que as Illas quedarán cubertas durante toda a semana.

xoves, 29 xuñ 2023
O alcalde saúda ao equipo de socorrismo e salvamento en Samil
O alcalde saúda ao equipo de socorrismo e salvamento en Samil

A Policía Local de Vigo dispoñerá todas as fins de semana dun dispositivo especial de seguridade nas Illas Cíes desde este próximo sábado 3 de xullo e ata que finalice o período estival. Tal e como acordaron os dous Corpos, a Policía Nacional será a encargada de realizar ese labor durante os días da semana laborable, mentres os axentes locais responsabilizaranse da seguridade nas fins de semana, polo que haberá cobertura sete días á semana

Tendo en conta que o Parque Nacional acolle a diario ata 1800 visitantes, o Concello de Vigo deseñou un plan especial, con presenza policial ininterrompida desde as 09:00 horas da mañá e ata as 20:00 horas do serán. Así, vixiarán o cumprimento da normativa ambiental específica do arquipélago: non introducir animais, non recoller cunchas das praias nin outros elementos naturais ou non depositar desperdicios amais de controlar a seguridade cidadá.

Amais, o Concello segue prestando o servizo de socorrismo en 12 praias da cidade: Bouzas (O Adro), A Punta, Carril, Santa Baia, A Fonte (Tombo do Gato), Argazada, Samil, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e Rodas (Illas Cíes). E conta con bandeira azul nos catro sendeiros azuis: Senda “Vía Verde de Vigo”, Senda do Lagares “Camiño a Beiramar” e a Senda entre Faros nas Illas Cíes, Senda Litoral e do Monte da Guía.

O goberno municipal ten en funcionamento tamén o servizo especial de praias do transporte urbano co que un total de 9 liñas conectarán o centro con todos os areais: as L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C. As liñas C3, 4C e 23 amplían o seu percorrido e, durante as horas punta, o servizo será reforzado para facilitar a mobilidade.

Descargar todas as imaxes