Escoitar

A música e a danza chegan á cidade co XXIX Festival Folclórico Internacional

Na rolda de prensa de presentación estivo presente o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, xunto cos organizadores de Interfolc e membros das bandas participantes.

mércores, 19 xul 2023

O XXIX Festival Folclórico Internacional celebrase do 21 ao 23 de xullo co obxectivo de “referenciar a cidade de Vigo como un polo cultural”, sinalou o concelleiro, engadindo o seu agradecemento ao traballo dos organizadores.

Pola súa banda Pablo González, organizador da Asociación Cultural Interfolc, agradeceu a aposta do Concello polo festival que este ano traerá a cidade a bandas de Alemaña, Bosnia-Herzegovina, Senegal e Ecuador.

Este ano desenrolarase de xeito central na Porta do Sol o venres e o sábado, aínda que tamén contará animacións en diferentes rúas da cidade (Peatonal do Calvario; Mercado de Teis, Praza do Emigrante e a Praza da Pedra). O domingo desfilarán dende o Museo Marco ata a Porta do Sol a partir das 20:30h, celebrando na praza o acto de clausura.

 

Descargar todas as imaxes