Escoitar

Nova oportunidade para adquirir as reservas para o concerto de Pablo López

As reservas en platea pódense adquirir de xeito online o xoves 20 de xullo a través de www.vigoenfestas.com a partir das 9:30 horas ata o fin de existencias.

mércores, 19 xul 2023

O Concello abre a taquilla online o xoves 20 de xullo a partir das 9:30 horas para a venda de reservas en platea para o concerto de Pablo López en Castrelos. Os pases estarán dispoñibles ata o fin de existencias a través de www.vigoenfestas.com.

Pablo López saltou á fama como concursante de Operación Triunfo 2008 e é un dos coach habitual do programa La Voz. Obtivo o Disco de Platino en 2015 con “El mundo y los amantes inocentes” e o Dobre Dobre Disco de Platino, ao vender máis de 80.000 discos, en 2017 co álbum “Camino, fuego y libertad”. Ademais co éxito do seu primeiro sinxelo «Vi», do álbum “Once historias y un piano” chegou a ser Disco de Ouro en España en 2013, premio que repite en 2020 co álbum “Unikornio, once millones de versos después de ti”.

Acumula diversos premios de “Los 40 Music Awards” e Cadena Dial, así como unha nominación aos Grammys Latinos. Ven de estrear, a finais de 2022, o sinxelo “Quasi”, no que poderemos gozar en Castrelos da súa aposta por unha base electrónica que se fusiona co seu talento ao piano.

Descargar todas as imaxes