luns, 13 set 2021
O concelleiro de Cultura, Abel Losada, e o director artístico da formación, Javier Escobar, presentaron este luns unha programación de catro concertos chamada a consolidar a recuperación da orquestra trala pandemia. A primeira cita é este sábado 18 ás 20 horas no auditorio do Concello, unha actuación integramente de percusión na que a Ensemble Vigo 430 compartirá escenario cun solista “excepcional”: Conrado Moya.
venres, 10 set 2021
O alcalde informou este venres das propostas, que arrancarán este mércores 15 ás 20 horas co ilusionista Pedro Volta e se celebrarán cada día ata o seguinte luns, 20 de setembro, que concluirán cun concerto de percusión. En total serán case que unha ducia de alternativas gratuítas, con aforo reducido e protocolo Covid.
martes, 7 set 2021
O alcalde participou este martes na presentación da edición 2021 do programa, con catro “Voces para o Outono” con estrelas da lírica mundial, un concerto de “Novas voces da lírica galega”, catro representacións de “Ópera no cine” no auditorio do Concello e tres conferencias.
martes, 7 set 2021
Anunciouno este martes en rolda de prensa Abel Caballero, quen avanzou que este mesmo xoves se abre o prazo de inscrición gratuíta. O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) creará tres novos grupos, dos que dous serán presenciais e un virtual, cun máximo de catorce vacantes por quenda polo Covid.
venres, 3 set 2021
Abel Caballero achegouse esta mañá á Comandancia Naval de Vigo para gozar dunha mostra fotográfica formada por 65 imaxes do período comprendido entre 1850 e 1935. Na súa intervención, o alcalde animou a toda a cidade a visitar unha exposición formada por imaxes que foron seleccionadas entre as máis de 200 publicadas no libro do mesmo título editado no ano 2007. A mostra poderá ser visitada gratuitamente, desde el luns 6 ata o venres 17 de setembro, en horario de mañá desde las 10,00 hasta las 14,00 e, de tarde, desde as 16:30 ata as 19:30.
martes, 31 ago 2021
Xunto ao edil de Cultura, o alcalde presentou este martes a programación do auditorio municipal do Concello, 37 funcións a cargo de 22 compañías que terán lugar desde a última fin de semana de setembro á última de novembro, con aforo reducido, protocolo Covid e dous pases por cada espectáculo.
martes, 24 ago 2021
Abel Caballero informou este martes do procedemento para acceder á actuación deste venres ás 22h en Castrelos. A web municipal activará este mércores unha ligazón á plataforma na que formalizar a solicitude das entradas, gratuítas e nominativas, que se repartirán en dous bloques: 500 desde as 10h e outras 500 desde as 18h. Haberá servizo de lanzadeiras ao remate do concerto.
luns, 23 ago 2021
A quinta edición do Concurso Internacional de Piano “Cidade de Vigo” se celebra do mércores ao sábado no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música, co apoio do Concello de Vigo. O recital de apertura, este martes ás 20 horas, corre a cargo do virtuoso pianista franco-chipriota Cyprien Katsaris.
mércores, 18 ago 2021
O concerto non será no anfiteatro do parque, senón no escenario exterior, informou Caballero este mércores, un espazo delimitado para unhas mil persoas, sempre en función do cumprimento das normas contra o Covid. Ademais, o alcalde recordou que Vigo recibirá a Amaral o 25 de setembro.
martes, 17 ago 2021
O alcalde desvelou tres novos artistas que se engaden aos máis de medio centenar confirmados este verán no ciclo de concertos do TerraCeo, no Auditorio da Avenida de Beiramar. Xunto á banda americana, a cita suma aos vigueses Maldito Murphy o 4 de setembro e aos alacantinos Funzo & Baby Loud o 18 do mesmo mes.