O Concello mantén a súa aposta pola música clásica co apoio á nova programación da Orquestra V430, "Orixes"
Abel Caballero e os concelleiros do área de Cultura Carmela Silva e Gorka Gómez presentaron este xoves o programa de oito concertos, co título “Orixes”, deseñado pola Orquestra Vigo 430para a tempada 2023 e 2024.
O alcalde reiterou, ante a presenza de Javier Escobar e María Alonso, director artístico e xerente, respectivamente, da Orquestra de Vigo V430, o apoio do Concello de Vigo á nova programación de concertos de música clásica protagonizada por relevantes instrumentistas e intérpretes solistas tanto galegos como de repercusión internacional.
O rexedor incidiu en que o apoio ao novo programa insérese na “vocación” do seu goberno de que “Vigo ten que contar cunha gran orquestra sinfónica, e o núcleo constitutivo ten que ser a Orquestra Vigo 430”. A Orquestra Vigo 430, que conta cunha achega de 150.000 do Concello, levará aos escenarios, xa confirmados, da Colexiata e o Auditorio Martín Códax, un programa con pezas musicais que abarcan desde a Venecia do século XVIII ás máis rompedoras do século XX interpretadas por especialistas de cada época.
O director da orquestra, Javier Escobar, tras revindicar que o proxecto “é necesario para Vigo porque se presenta unha oferta de música clásica e culta dirixida aos melómanos máis esixentes e producida desde aquí”, incidiu en que a canteira local de músicos “deben ter a súa canle para saír ao exterior e niso estamos a traballar”.
Con “Orixes” se ahonda na orixe de cada estilo musical, segundo Escobar, con base en “os mellores expoñentes da canteira musical galega combinados cos mellores músicos procedentes de España e de Europa. Os concertos arrincan o sábado 14 de outubro coa interpretación da Ensemble Vigo 430 e Pablo Suárez ao violín.
As citas seguintes serán o 4 de novembro, 15 de decembro, 27 de xaneiro de 2024, 24 de febreiro, 22 de marzo, 20 de abril e 2 de xuño de 2024.
Entre as intérpretes figura a soprano viguesa Beatriz Areas, que protagonizará un concerto o 22 marzo de 2024. Interpretará pezas de música barroca, veneciana, e de Vivaldi.
As entradas sairán á venda en ticketrona.com