Escoitar

O alcalde apunta que “o turismo de Vigo é obxecto de estudio en universidades”

Abel Caballero deu conta dos datos de ocupación do Aeroporto de Vigo que cifrou no 85%, converténdose así no segundo mellor mes do ano 2023. Barcelona segue a ser a ruta con máis asentos ocupados.

xoves, 5 out 2023

Os datos de ocupación do aeroporto de Vigo no mes de setembro rexistraron o seu segundo mellor dato do ano, despois de agosto. A media dos voos que parten e chegan á cidade olívica foi do 84,5%.

Abel Caballero sinalou que “os resultados turísticos de Vigo son excepcionais e obxecto de estudio nas universidades”. A ruta que encheu máis os avións foi Barcelona, cun 94% de ocupación media das dous compañías, Vueling e Ryanair. Tenerife Norte rexistrou un 89%, séguenlle Menorca (88%) e Gran Canaria e Ibiza (87%). As conexións con Madrid obtiveron unha media de ocupación do 82%, algo que o rexedor sinalou como un dato “impresionantemente alto xa que implica que algúns avións van completamente cheos”. Londres, Lanzarote e Bilbao rexistraron unha ocupación do 78,5%.

Caballero vaticinou que seguirán os cheos, tamén na ocupación hoteleira, coa chegada do Nadal.

Descargar todas as imaxes