O goberno de Vigo agarda o ditame da Xunta para seguir coa obra do túnel ata Torrecedeira
O alcalde deu conta do avance das obras do túnel na zona de Elduayen, onde se atoparon novos restos das antigas vivendas da antiga rúa, tal e como estaba previsto nas novas escavacións arqueolóxicas. Patrimonio analizará os restos e ditaminará o procedemento para o mantemento arqueolóxico. “Imos facer o túnel ata Torrecedeira con escrupuloso respecto á arqueoloxía”, afirmou o rexedor.
Abel Caballero adiantou en declaracións aos medios que o Concello está á espera do ditame da Xunta sobre os novos restos arqueolóxicos atopados na rúa Elduayen. Segundo manifestou o rexedor, trátase dos restos das casas da antiga rúa, tal e como estaba previsto previo ás escavacións.
O alcalde explicou que durante este tempo leváronse a cabo os micropilotaxes da rúa Elduayen, necesarios para a ampliación do túnel ata Torrecedeira. “Hai que reforzar os laterais para seguir facendo o túnel”, dixo. Agora é Patrimonio da Xunta quen ditamina o procedemento para o mantemento arqueolóxico: “Probablemente validará coa súa cobertura, como se fixo noutras zonas como a parte baixa da Porta do Sol”, exemplificou Caballero.
O alcalde reafirmouse “en facer o túnel ata Torrecedeira cun respecto escrupuloso á arqueoloxía”.