O Concello inicia as obras do novo parque de Navia
Abel Caballero e os tenentes de alcaldía, Carmela Silva e Javier Pardo, colocaron este mércores a primeira pedra das obras de arranque da mellora integral do parque Nelson Mandela de Navia. Conta cun investimento de 1,5 millóns de euros.
O alcalde marcou o arranque das obras da primeira fase que de remodelación do Parque Nelson Mandela de Navia, que conta cun prazo de execución de cinco meses, un investimento de 1,5 millóns de euros, e que estenderanse nunha superficie de 90.000 metros cadrados.
O rexedor afirmou que o Concello de Vigo realiza a rexeneración dun parque marabilloso e que a obra de Navia é para toda la ciudad. O proxecto conleva a transformación dunha área degradada en unha zona dotada con equipamentos para o lecer, o paseo e o goce da natureza, foi destacada este mércores polo rexedor.
O inicio da construción do parque e trascendente para a área de Teixugueiras, por contar coa maior densidade de poboación, xa que ademais de humanizar unha zona agora sen aproveitamento, o proxecto recolle as principais demandas dos veciños.
Entre as melloras a realizar está a creación de zonas verdes coa plantación de 158 árbores e 4.000 metros cadrados de arbustos. Abriranse novos itinerarios cos que crear unha conexión directa entre as sendas existentes no parque, cunha extensión de 700 metros cadrados.Tamén se redefinirán as zonas de xardín coa instalación de rocalla, cortiza de piñeiro e céspede.
En paralelo, se renovará o pavimento e se instalá unha nova rede de rega adaptada ás novas zonas verdes e ás árbores. Recolleranse as augas pluviais coa instalación de canles de formigón e tubo de drenaxe.