Fin de semana de artes escénicas no Auditorio Municipal
VigoCultura programa para esta fin de semana tres producións no auditorio municipal. O venres subirá ao escenario a comedia “ A que voy yo y lo encuentro”; o sábado teatro de máscaras con música en directo “Frío” e o domingo o espectáculo infantil “ Oh uh ah ei! Terra, aire, lume , auga”
A QUE VOY YO Y LO ENCUENTRO, venres 20 de outubro, ás 20 horas no auditorio municipal na Praza do Rei; prezo 10 euros, público adulto.
Varias pezas curtas, salpicadas doutras máis breves, algunhas minúsculas, e evocadoras cancións, que parece que nos traen e nos levan, pero que en realidade pérdennos, nesta obra para dúas actrices e dous músicos.
“FRÍO”, A Feroz, sábado 21 de outubro, ás 20 horas no auditorio municipal na Praza do Rei; prezo 10 euros, público adulto.
Quen sabe exactamente que vai facer cada día durante o resto da súa vida non abeira grandes temores nin demasiadas ilusións. Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito en liñas rectas con tinta esluída, el deixase ir nos riscos seguros e firmes da súa rutina, que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Pero a súa existencia metódica, ordenada e frugal vese alterada cando o seu abrigo, de tan gastado, xa non o pode protexer do frío. Nace aí unha necesidade inevitable en forma de abrigo novo. Traballará máis aló do esgotamento para conseguir a ansiada fin. Será capaz de logralo? Conseguirá librarse do cruel frío de San Petersburgo?
“OH UH AH EI! TIERRA·AIRE·FUEGO·AGUA “ espectáculo para público infantil. Domingo 22 de outubro. Tres funcións ás 12:00, 16:00 e 18:00 h.
Viaxe lúdica polos elementos da natureza da man de dous curiosos personaxes que exploran, fan preguntas, sorpréndense e mesmo nos convidan a un final de discoteca cheo de música e luces onde poder bailar. A pantalla no medio do espazo escénico crea unha experiencia fascinante onde o público se move libremente polo espazo xerando así, por unha banda, o poder contemplar e interactuar co son e a palabra e, por outra, crear un universo cheo de sombras que chaman ao movemento. Por onde voan as bolboretas? Onde se plantan as flores? Como fai o son da choiva?" Vén mergullarte nesta MARABILLOSA VIAXE.