Escoitar

O Concello contratará a 75 desempregados no plan “Vigo Emprega”

Abel Caballero avanzou este venres que a partir do 1 de novembro o Concello contratará a 75 persoas dentro do programa do Plan de Emprego Municipal “Vigo Emprega”.

venres, 20 out 2023

A Xunta do Goberno Local de Vigo aprobou este venres as bases para seleccionar ás 75 persoas que participarán durante seis meses no Plan de Emprego Municipal “Vigo Emprega”. O alcalde apuntou que o plan de acción directa para fomentar a inserción laboral, as habilidades profesionais e a capacitación, así como a competencia profesional dos beneficiarios do programa municipal, conta cun orzamento de 825.737 euros.

Abel Caballero puxo en valor que ás persoas que participan no plan non só facilítalles un emprego, xa que “ademais de percibir un salario durante medio ano, aprenden un oficio e adquiren formación, e realizan traballos de interese para a cidade”. O programa “Vigo Emprega” desenvólvese de forma ininterrompida desde 2007. “Cada ano 150 persoas participan no plan e adquiren unha profesión e están en condicións de incorporarse a un posto de traballo”, destacou o alcalde.

Descargar todas as imaxes