Teatro, maxia, danza, circo e humor para tódolos públicos en Vigocultura este trimestre
As entradas para a programación municipal de artes escénicas entre outubro e decembro poden adquirirse en www.giglon.com. Comeza hoxe na rúa do Príncipe co espectáculo “Sobe aos teus soños- Rock in the air” de Pablo Méndez Performances.
O alcalde convidou á cidade a gozar da programación de Vigocultura 2023 para os meses de outubro a decembro que inclúe propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía musicalizada, circo, marionetas ou espectáculos infantís inmersivos…
A rúa do Príncipe acolle a estrea do programa esta tarde, ás 20:00 horas, cando Pablo Méndez Performances presente “Sobe aos teus soños- Rock in the air” que irá ata a Porta do Sol cun espectáculo vangardista de acrobacia e un monicreque xigante. Mañá sábado, 20 horas, Troula presenta “Psychodelia”, tamén desde Príncipe ata Porta do Sol, con personaxes que convidarán a todos a participar na “troula”. Ámbolos dous son gratuítos.
As entradas poden adquirirse desde este mediodía na web www.giglon.com e, de forma presencia, na librería Libros para Soñar.
Programación:
◦ Venres 13 outubro: Natalia Outeiro “Isolada” – clown con poesía
◦ Sábado 14 outubro: Migallas Teatro: “Falemos como galegas”- humor
◦ Domingo 15 de outubro: Festuc Teatre: “Lámpada marabillosa” – teatro, marionetas
◦ Venres 20 de outubro: Territorio Violeta "A que vou e atópoo"
◦ Sábado 21 outubro: A Feroz: “Frío” – teatro
◦ Domingo 22 outubro: L’Auténtica “Oh uh ei! terra, aire, lume, auga” – instalación
◦ Venres 27 e sábado 28 outubro: Xasmín Abuín presenta “A rir a Vigo” con monólogos de Agustín Jiménez, Álex Salaberri, Bianca Kóvacs, Arantxa Treus, Maru Candel e David Navarro ◦ Domingo 29 de outubro: TALÍA Teatro: “Voa, voa” – teatro familiar
◦ Venres 3 novembro: Chicharrón Circo Flamenco “Sen Ojana” - circo con malabares e clown, flamenco e teatro
◦ Domingo 5 novembro: Xanela do Maxín “Coliño” - espectáculo para bebés, inmersivo, visual, musical e marionetas (de 0 a 3 anos)
◦ Venres 10 novembro: Óscar Cobos Compañía de Danza: “Bailador”
◦ Sábado 11 novembro: Ibuprofeno Teatro: “Deazpan Karaoke”
◦ Domingo 12 novembro: Maxia na Manga: “A Igualdade non ten truco” , con Sara Rodríguez e Carlos Tomico – maxia
◦ Sábado 18 novembro: Rafa Fernández “SEIS, Lorca en Galicia”- espectáculo audiovisual con música en directo e videocreación
◦ Domingo, 19 de novembro: * A BALDUFA: “A fábula da esquío” - teatro familiar ◦ Venres 24 novembro: Compañía Pepa Plana: “Se ti vasche” - espectáculo clown
◦ Sábado 25 novembro: Laboratorio escénico “Blues de medianoite-Versión Estendida” - espectáculo multidisciplinar de danza, música e teatro
◦ Domingo, 26 novembro: Luz, micro e punto: “Anos luz” - teatro de sombras
◦ Domingo 3 decembro: Guayominí Producións: “CaLORCALor” -teatro contemporáneo
◦ Sábado 9 decembro: Producións Teatrais Excéntricas: “Ou auto do Castromil” - teatro comedia
◦ Venres 15 dec: Cantigaéverso: Francisco Castro e Federico Welicki - poesía musicalizada
◦ Sábado 16 decembro: Vaivén Producións “Redada familiar”- teatro
◦ Domingo 17 decembro: Teatro Paraíso: “Xanelas”