Escoitar

O Concello investirá 380.000€ á renovación do céspede artificial do campo das Travesas

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á licitación da cubrición lateral da pista deportiva do Centro Cultural Becerreira e a reparación estrutural da cuberta do pavillón de Bouzas.

venres, 6 out 2023

Abel Caballero informou esta mañá da aprobación na Xunta de Goberno Local da licitación para a renovación do céspede artificial do campo de As Travesas, por un importe de 380.000 €. O rexedor fixo fincapé na realización dunha “obra un uso mixto para xogar o fútbol e o hóckey con céspede da máxima certificación FIFA Quality”. Ademais do céspede, renovaranse as redes de saneamento, abastecemento e rego.

Pista deportiva do Centro Cultural de Becerreira

Tamén se aprobou a licitación para as obras de cubrición lateral da pista deportiva do Centro Cultural Becerreira en Cabral, por valor de 212.597 €. Neste proceso “imos acometer o cerramento das fachadas mediante láminas de aceiro” para evitar que “a choiva con vento dificulte o seu uso”, sinalou o rexedor, indicando que “tamén melloraremos a recollida e condución de augas pluviais e a instalación da nova iluminación mediante proxectores nos novos laterais”

Pavillón de Bouza

Por último, na Xunta de Goberno matinal, aprobouse, por 59.677 euros, a licitación das obras para a reparación estrutural da cuberta do pavillón de Bouzas. “Tiñamos un problema moi severo e por iso imos renovar toda a cuberta”.

 

Descargar todas as imaxes