luns, 10 xan 2022
A programación comezará o día 28 e 29 de xaneiro co pasarrúas The Wolves da compañía La Fam Teatre en rúa Príncipe. Xa están a venda as entradas dos espectáculos. Haberá dúas estreas mundiais de dúas compañías viguesas.
mércores, 15 dec 2021
O alcalde amosou na presentación a súa satisfacción pola chegada da obra a Vigo: “É unha xoia dos musicais e estamos encantados de que Vigo figure entre as principais cidades de España que o acolle".
martes, 14 dec 2021
Nunha xuntanza do Padroado da Fundación Laxeiro acordouse que a exposición “Laxeiro e a pintura española da súa época” comezará no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo coa idea de exportala ao resto de España.
luns, 29 nov 2021
Desde fai uns días pódense realizar os roteiros virtuais no xacemento arqueolóxico de O Castro, o da Vila Romana de Toralla e visitar a exposición interactiva “Laxeiro, Colección Permanente” instalada en Casa das Artes.
venres, 19 nov 2021
O alcalde deu conta en rolda de prensa doutras subvención na área de Cultura por valor de 75.000 euros.
venres, 19 nov 2021
O Auditorio de Beiramar súmase á celebración do acendido do Nadal e ao Black Friday. Desde este sábado ás 20 horas, haberá billetes dispoñibles para uns corenta espectáculos con rebaixas de entre o 20 e o 40%, en función do evento. O alcalde anunciou ademais seis funcións en marzo do premiado musical Ghost.
luns, 15 nov 2021
O certame celebrarase no Conservatorio Superior de Música entre o 3 e o 6 de decembro, unha décima edición con récord de participantes que retoma a presencialidade logo dun 2020 telemático obrigado pola pandemia. O edil de Cultura, Abel Losada, louvou a “proxección indubidable” do evento e a aposta do Concello pola recuperación do “pulso cultural da cidade”.
luns, 8 nov 2021
O céntrico museo vigués estrea este luns unha exposición na que o artista galego leva traballando desde hai case que dez anos. O fío condutor da mesma, os contedores das cidades que visitou, retratados en ducias de obras de distintos formatos. O alcalde louvou a calidade dun traballo que encherá o MARCO ata o 27 de febreiro.
xoves, 4 nov 2021
A calidade e a boa acollida por parte do público animou ao goberno de Vigo a prorrogala dous meses máis, pasando a formar parte da oferta cultural da cidade para o Nadal. A Casa das Artes reúne case que 200 obras de catro artistas imprescindibles nas correntes de vangarda do século XX, conformando unha mostra “colosal”, en verbas do alcalde.
xoves, 4 nov 2021
O alcalde presentou xunto ao historiador, Eduardo Rolland, a colección de imaxes que “son as primeiras da arqueoloxía subacuática da historia de todo o mundo".