O Museo Municipal Quiñones de León cede o cadro “A morte de Lucrecia” para unha mostra en Madrid
luns, 14 feb 2022A obra da colección de D. Policarpo Sanz estará no palacete da Fundación Mapfre na exposición “El gusto francés” ata o 8 de maio.
A obra da colección de D. Policarpo Sanz estará no palacete da Fundación Mapfre na exposición “El gusto francés” ata o 8 de maio.
Abel Caballero recordou que este venres, 18 de febreiro, conclúe o prazo para anotarse ao proxecto, dirixido a persoas emprendedoras do sector musical que busquen definir un plan de negocio dos seus proxectos artísticos. O Concello coopera coa cesión dos espazos.
Abel Caballero anunciou este xoves o envío dunha “carta oficial” ao Ministerio de Cultura coa proposta: “Se a Xunta de Galicia non se queda coa Biblioteca do Estado cando estea construída, asúmea integramente o Concello de Vigo”. O rexedor denunciou “obstáculos” do goberno autonómico ao proxecto.
O alcalde, Abel Caballero, acompañado do responsable do Auditorio, Iñaki Teixeira, presentou este mércores os resultados do espazo no pasado 2021, ano no que “o Mar de Vigo aguantou e aguantou francamente ben” pese á pandemia. Do total de asistentes, 43.000 presenciaron algún espectáculo e 11.000 asistiron a congresos ou feiras.
Xunto á súa viúva e a un dos fillos, o alcalde presidiu este mércores o descubrimento dunha placa á entrada da sede do Instituto de Estudos Vigueses, do que Iglesias foi “núcleo central”. Abel Caballero definiuno como “gran vigués e gran defensor da arquitectura e da obra de Palacios”.
O goberno de Vigo destinara 675.000 euros no 2021 ao Museo de Arte Contemporánea. O incremento, afirmou Caballero, responde á exposición polo aniversario de Laxeiro e reverterá no funcionamento do centro. O alcalde censurou que a Xunta suba “cero” ao MARCO nun ano de aumentos de Concello, Deputación e Ministerio de Cultura.
O alcalde anunciou en rolda de prensa que a Biblioteca del Estado estará na rúa Lalín, como designou o Concello.
O alcalde e o director artístico da orquestra presentaron este martes a programación 2022 que abrangue cinco ciclos de concertos, entre os meses de xaneiro e maio, con propostas novas e a presenza de figuras internacionais.
A artista madrileña inaugura este venres a súa exposición individual na primeira planta do céntrico museo vigués. “O efecto reliquia”, programada ata o 1 de maio, amosa obxectos comúns na vida doutros artistas a través da mirada pictórica de Moro.
Vigo amplía as accións en materia de transparencia e integridade na contratación pública e, segundo trasladou este xoves o alcalde, vén de publicar o Plan de Contratación Anual de 2022, crea un mapa de riscos e unha canle de alertas para que, incluso de forma anónima, se presenten suxestións, avisos ou denuncias. As medidas forman parte do premiado Plan de Integridade na Contratación Pública do Concello, aprobado hai tres anos.