Escoitar

A Pinacoteca amplía ata o 24 de abril a exposición coas obras de Elina Molíns e Branca Chao

A Pinacotea amplía ata o día 28 de abril o calendario da exposición “Pinceladas do esquecemento. Elina Molíns e Branca Chao, artistas viguesas non século XIX”. O anuncio foi realizado este mércores polo alcalde ao lembrar que a mostra, que estaba planificada ata esta fin de semana, permanecerá aberta outros tres meses ante o elevado número de peticións para contemplar a obra das dúas creadoras.

mércores, 17 xan 2024
Acto de apertura da exposición na Pinacoteca
Acto de apertura da exposición na Pinacoteca

Abel Caballero sinalou que o éxito da exposición da obra das pintoras viguesas Elina Molíns e Branca Chao determinou ao Concello a mantela aberta na Pinacoteca outros tres meses máis. “É unha gran pintura. Son dúas grandes pintoras, invisibilizadas e pouco coñecidas que merecen ter o maior coñecemento”, argumentou o rexedor.

Entre os atractivos da mostra destaca o traballo realizado polas dúas artistas para reflectir á sociedade de Vigo de finais do século XIX e principios do XX.

O alcalde lembrou que a mostra está integrada por 73 obras, entre pinturas, documentos e fotografías da época, “que describen tan ben a etapa en que se inicia o desenvolvemento de Vigo, da conserva, da pesca, e como iso xerou unha importante socioloxía”.

Descargar todas as imaxes