xoves, 18 xan 2024
A partir do próximo luns 22 de xaneiro retómanse as visitas guiadas ás galerías musealizadas da fortaleza do Castro. Así o avanzou este xoves o alcalde tras apuntar que nos tres primeiros meses de apertura, en 2023, preto de 6.000 persoas percorreron os históricos túneles.
xoves, 18 xan 2024
O alcalde detallou este luns que a ocupación do albergue municipal é do 98 por cento, con dúas prazas libres no caso dos homes, coa posibilidade de trasladar ás persoas que requiran axuda a outro espazo se fose preciso.
xoves, 18 xan 2024
Abel Caballero trasladou este xoves o apoio do Concello ao proxecto da Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica para poñer en marcha unha iniciativa destinada a compartir experiencias e a propiciar a relación entre os afectados. “Asignarémoslles un espazo público para poder recibir e manter reunións cos integrantes da asociación e os afectados de Vigo”, afirmou o rexedor ao incidir en que o goberno local “sempre está á beira da xente, e máis aínda de quen ten unha enfermidade ou problema que necesite apoio”.
xoves, 18 xan 2024
Abel Caballero anunciou este xoves que o Auditorio Mar de Vigo retoma a temporada de ópera coas interpretacións de "Otello", de Verdi e de "Carmen" de Bizet, co que se consolida como escenario operístico de referencia para Galicia e o norte de Portugal.