Noticias Axenda

Cultura

  • Cultura
  • Xunta de Goberno Local
  • Voluntariado

O goberno local adica 95.000 euros á Fundación Laxeiro

xoves, 12 xan 2023

A Xunta de Goberno aprobou a transferencia á subvención á Fundación Laxeiro cun importe de 95.000 euros para o seu mantemento. Abel Caballero lembrou que o Concello está a traballar na exposición de Laxeiro no MARCO que comezará no mes de febreiro e nas rutas Laxeiro para dar a coñecer a cidade a través dos lugares que forman parte da vida do pintor.

  • Cultura

Abel Caballero: “O MARCO é unha das grandes referencias en España do arte contemporáneo”

martes, 10 xan 2023

O alcalde presentou nunha rolda de prensa no Museo de Arte Contemporánea o avance da programación para o primeiro semestre de 2023.

  • Cultura

A Biblioteca Municipal Neira Vilas galardoada nos IV Premios REBIUN

mércores, 4 xan 2023

Abel Caballero recibiu na Alcaldía a mención honorífica como recoñecemento ao proxecto “Achegando culturas” da Biblioteca Municipal Neira Vilas, que fomenta a lectura e integración do colectivo xitano na cidade.

  • Cultura

O 14 de xaneiro terá lugar a sexta edición do “Vigo entre Letras”

martes, 3 xan 2023

Terá lugar o 14 de xaneiro dende as 9:00 ata as 21:00h no Teatro Salesianos. Abel Caballero sinalou que “a literatura paréceme unha parte central na vida, constituíndo un núcleo vertebrador dunha forma de entender a cultura”.

  • Cultura
  • Educación

Vigo xa garda unha das coleccións completas da revista Nós

luns, 26 dec 2022

Abel Caballero asinou a doazón por parte de Avelino San Luis, anterior responsable do ámbito económico do Concello e que exerceu de xefe de Protocolo. Son 6 tomos que estarán conservados na Escola Municipal de Artes e Oficios.

O alcalde na rolda de prensa deste venres
  • Cultura
  • Xunta de Goberno Local

Concello e Deputación poñen en marcha a “Ruta Laxeiro en Vigo”

venres, 23 dec 2022

Abel Caballero explicou que a Xunta de Goberno Local aprobou este proxecto que terá como obxectivo dar a coñecer os lugares da cidade de Vigo vinculados coa figura do pintor. Ampliase a exposición “O antropomórfico” de Francisco Leiro ata o 26 de febreiro de 2023.

  • Cultura

O Auditorio Mar de Vigo acolle a estrea nacional da exposición "Vanguardias"

venres, 16 dec 2022

Abel Caballero amosou a súa satisfacción coa exposición, que redescubre as vangardas a través da tecnoloxía de última xeración, e invitou á cidade a visitala. "Vanguardias" estará no Auditorio Mar de Vigo ata o 26 de febreiro.

  • Cultura

Caballero anima á participación no concurso de microcurtas “Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos”

venres, 16 dec 2022

Abel Caballero animou a toda a cidadanía a participar no I Concurso de Microcurtas “Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos”, tendo en conta que o prazo de entrega remata o 10 de xaneiro. Trátase de incentivar a creatividade e impulsar a cidade como plató de cinema.

  • Cultura

O alcalde inaugura a exposición “Un poema para Laxeiro. Debuxos e pinturas”

xoves, 15 dec 2022

Abel Caballero visitará esta tarde a Casa das Artes, na que se expón a homenaxe pictórica que José M. Barreiro e Antón Pulido quixeron render a Laxeiro. A exposición poderá visitarse ata o 19 de febreiro.

Peza de Junca A. Castro dentro da mostra Future Stories que se exhibe no Marco
  • Cultura

O MARCO organiza talleres infantís con artistas da exposición Future Stories

martes, 13 dec 2022

O alcalde informou este martes en rolda de prensa da apertura do prazo de inscrición nas actividades que se desenvolven este venres, 16, e o sábado 17 de decembro.

  • ‹
  • 1
  • 2
  • ...
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • ...
  • 364
  • 365
  • ›

Categorías

Administración electrónica

Alcaldía

Anuncios e Bandos

Axenda urbana

Benestar Social

Comercio

Cultura

Declaración institucional

Deportes

Desenvolvemento Local e Emprego

Educación

Electromecánicos

Facenda

Festas

Fomento

Igualdade

Infraestruturas

Limpeza

Medioambiente

Nadal

Normalización Lingüística

Parques e Xardíns

Participación Cidadá

Patrimonio Histórico

Persoal

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Pleno da Corporación

Prensa

Sanidade e Consumo

Seguridade

Servizos

Tenencia de Alcaldía

Tráfico

Transportes

Turismo

Urbanismo

Vigo Vertical

Vivenda

Voluntariado

Xunta de Goberno Local

Xuventude

Zona Franca

© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo

Praza do Rei nº 1. 36202 Vigo
Tel: 986 810 228
Fax: 986 810 192