Escoitar

O Concello programa máis de 50 accións para a Noite Branca dos museos

O alcalde presentou a programación da Noite Branca da rede de museos municipais que se desenvolverá o venres 18 de agosto ata as dúas da madrugada con visitas guiadas, obradoiros, música, proxectos artísticos e literatura. As inscricións a certas actividades comeza o luns 14 de agosto.

mércores, 9 ago 2023

Abel Caballero presentou unha programación con máis de 50 actividades para la Noite Branca da rede de museos municipais que se desenvolverá o 18 de agosto entre ás 20:00 e as 02:00 horas.

“Vai ser un gran día da acción e mobilización cultural na cidade”, puxo de manifesto o rexedor na presentación, que tivo lugar fronte ao MARCO. Caballero invitou a todas as persoas a achegarse “porque son actividades para todos os públicos e redescubrir el patrimonio de Vigo de una forma e a unha hora diferente”. Aos museos municipais súmase este ano o espazo Naturnova de Afundación.

A programación conta con visitas guiadas a partir das 20 horas no Pazo de Castrelos, tamén dos xardíns históricos e haberá ás 21 horas un recital lírico con voz e piano no atrio do xardín dianteiro; na Pinacoteca haberá visitas guiadas desde as 19:30 horas e música e poesía na rúa Abeleira Menéndez; na Casa das artes a partir das 21:00 comezarán obradoiros de poesía 3.0 transformada en arte dixital a través da intelixencia artificial, videomapping e para rematar unha peza de danza contemporánea.

Os obradoiros programados no Verbum requiren inscrición previa. Ademais de poder traballar en distintas modalidades, a Noite Branca remata neste ámbito con dous concertos na terraza do museo. No MARCO as actuacións musicais e artísticas comezan ás 20 horas con live painting e djs con músicas do mundo. O Museo Liste acollerá a presentación dun novo proxecto “Queridos obxectos: nostalxia e sedución” amais de contar con pases guiados á exposición.

No xacemento arqueolóxico de Toralla están programados catro pases para as recreacións teatralizadas do mundo romano. En Finca Solita fúndese o patrimonio e a música coa actuación de Sergio de Miguel que presenta o seu proxecto “Atlántida” ás 21 horas.

Algunhas destas actividades requiren inscrición previa. Os interesados poden contactar desde o luns 14 ata o venres 18, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas no teléfono 986 240 130 / 619 948 920 ou por correo electrónico reservas.aprmvigo@gmail.com

No documento adxunto pódese consultar o programa completo e detallado da Noite Branca 2023.

Descargar todas as imaxes

Máis información