Escoitar

O mércores día 9 saen á venda as reservas para o concerto de Ana Mena en Castrelos

O recital do artista española na nosa cidade terá lugar o martes 15 de xullo ás 22:00 horas dentro do programa Vigo en Festas 2023.

martes, 8 ago 2023

Ana Mena parará en Vigo dentro do seu “Bellodrama Tour”, cun concerto en Castrelos o próximo martes 15 de agosto a partir das 22:00 horas. Abel Caballero calificouna como “unha artista universal”, xa que conta con “mais de 6 millóns de oíntes mensuais en Spotify e con mais de 1.700 millóns de reproducións en Youtube”. Ademais o rexedor tamén puxo en valor as súas colaboracións con outros grandes artistas, así como que “ acumule 44 discos de platino, un disco de diamante e 4 discos de ouro”.

Como explicou Caballero, as reservas para este concerto seguirán o esquema habitual, para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, sairán o mércores 9 en dúas quendas de 2.500 ás 9:30h e ás 16:30h (das que 1.250 de cada quenda serán online e outras tantas na taquilla presencial do Auditorio Municipal). As reservas online pódense adquirir a través de www.vigoenfestas.com.

Descargar todas as imaxes