Escoitar

A xornada de “Observación de Perseidas” terá lugar o 12 de agosto no VigoZoo

Como explicou o rexedor vigués “terá lugar entre as 22:30 e as 00:30 horas, con monitores que realizarán unha explicación deste fenómeno”. Abel Caballero tamén relatou a aprobación da concesión de subvencións ás entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte femenino na tempada 2022/2023.

luns, 7 ago 2023

O Concello de Vigo realizará o 12 de agosto en VigoZoo unha xornada de “Observación de Perseidas”, de 22:30 a 00:30h. A actividade conta con 50 prazas, con reserva previa, cun prezo de 6€. Como indicou Caballero “se as condicións climáticas non o permitise, a actividade realizaríase de forma virtual na pantalla de firmamento do auditorio do zoo”.

Por outra banda, o alcalde tamén informou esta mañá da aprobación en Xunta de Goberno Local de subvencións ás entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte femenino na tempada 2022/2023 a través do programa “Promoción da igualdade no deporte femenino”. En palabras de Abel Caballero, “asignáronse 45.000€ a 77 clubs de múltiples modalidades deportivas”.

Descargar todas as imaxes