Escoitar

O luns volve abrirse a taquilla online para adquirir reservas para o concerto de Bad Gyal

As reservas en platea pódense adquirir de xeito online o luns 7 de xullo a través de www.vigoenfestas.com a partir das 9:30 horas ata o fin de existencias.

venres, 4 ago 2023

O Concello abre a taquilla online o luns 7 de agosto a partir das 9:30 horas para a venda das últimas reservas dispoñibles para gozar da actuación de Bad Gyal na platea de Castrelos. Os pases estarán dispoñibles ata o fin de existencias a través de www.vigoenfestas.com.

Bad Gyal ofrecerá o seu concerto en Castrelos o próximo xoves 10 de agosto a partir das 22:00 horas, como cualificou o alcalde, “será un concerto fenomenal, trátase dunha artista cun público moi transversal”.

A catalana subirá ao escenario de Castrelos para presentar na cidade os temas que a converteron nunha das artistas máis recoñecidas da escena internacional. Trátase dunha artista que segue conquistando o panorama musical despois de lograr 19 Discos de Platino e 5 Discos de Ouro e que a maiores logrou en 2022 o premio á mellor artista española nos MTV Europe Music Awards.



Descargar todas as imaxes