martes, 1 agosto 2023

Vigo acada unha ocupación hoteleira media do 82% no mes de xullo

martes, 1 ago 2023

A última fin de semana de xullo rexistrou a ocupación máis alta do mes, cun 86,5% de ocupación hoteleira. Abel Caballero deu conta dos datos de turismo e cualificou a cidade “como destino turístico de primeira magnitude”. O rexedor di que se está a rexistrar unha alta ocupación hoteleira, “en Nadal porque é Nadal, en verán porque é verán e nos fines de semana de todo o ano porque son fines de semana. Isto quere dicir que somos unha gran potencia turística”.

O alcalde recibe ao campión de España de Bailes Latinos

martes, 1 ago 2023

Abel Caballero deu os seus parabéns ao campión de España Adultos II de Latinos, Ismael Pardo, que foi o vencedor xunto á súa parella de Praga, Julie Sorokolit, nesta modalidade de baile. O campionato celebrouse en Alicante a finais de xuño e Ismael Pardo fíxose coa primeira posición entre máis de 1.700 participantes. É a primeira vez que un club vigués consigue esta distinción e cunha vitoria plena, con 5/5 bailes no primeiro posto. Ismael Pardo acudiu xunto Emma López, técnico do Clube de Baile Deportivo ao Compás.