Escoitar

As reservas para o concerto de Bad Gyal, á venda o 4 de agosto

O alcalde avanzou que as reservas para a platea do Auditorio de Castrelos quedarán a disposición do público, de forma presencial e na web www.vigoenfestas.com, este venres 4 de agosto.

martes, 1 ago 2023

Bad Gyal ofrecerá o seu concerto en Castrelos o próximo xoves 10 de agosto a partir das 22:00 horas.

As 5.000 reservas para a platea sairán á venda este venres 4 de agosto en modalidade presencial no Auditorio Municipal da Praza do Rei e en liña na web www.vigoenfestas.com por un prezo de 10 euros. Pola mañá, en horario de 9:30 a 13:00 horas poñeranse á venda 2.500 entradas: 1.250 na web e 1.250 presenciais e, pola tarde, entre as 16:30 a 20:00 horas poñeranse á venda as 2.500 reservas restantes: 1.250 en liña e 1.250 presenciais.

A catalana subirá ao escenario de Castrelos para presentar na cidade os temas que convertérona nunha das artistas máis recoñecidas da escena internacional. Como Abel Caballero, trátase dunha artista que “segue conquistando o panorama musical despois de lograr 19 Discos de Platino e 5 Discos de Ouro” e que a maiores “logrou en 2022 o premio á mellor artista española nos MTV Europe Music Awards”.

Descargar todas as imaxes