Escoitar

A programación do Centro de Documentación Feminista incluirá faladoiros, obradoiros e cursos formativos

O alcalde deu conta esta mañá do inicio da programación do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo para os próximos catro meses. Así a partir do martes 19 de setembro arrancarán, entre outras actividades, clubs de lectura, faladoiros, obradoiros ou cursos formativos.

venres, 15 set 2023

O Concello vén de poñer en marcha a programación do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo ata fin de ano. Entre outras, esta dotación municipal acollerá as seguintes actividades: club de lectura , faladoiros, obradoiros, presentación de libros e cursos formativos.

Tal e como explicou o rexedor, os temas dos que se traten son a identidade de xénero nas redes sociais nos que intervirán expertas do grupo de innovación docente da Universidade de Vigo; cinco escritoras presentarán a súas creacións centradas en figuras relevantes da cultura galega como María Casares. Os obradoiros centraranse no música e o canto, na formación do pensamento feminista ou a adquisición de autoestima.

Para participar nas actividades é preciso inscribirse previamente ó mail: centro.documentacion. femenista@vigo.org

 

 

Descargar todas as imaxes

Máis información