mércores, 13 set 2023
O rexedor vigués acudiu esta mañá ao acto de celebración do 50 aniversario de Hermasa, no que destacou que "cincuenta anos despois a idea xerminou, colleu corpo e agora é un referente", culminando coa "consolidación dunha marca". Hermasa é unha empresa que dende Vigo "cambiou o mundo da conserva" ao desenvolver e introducir no sector o máis avanzado en electrónica, automatismos e intelixencia artificial.
mércores, 13 set 2023
Ana Mª Mejías, concelleira e vogal substituta do delegado de Estado de Zona Franca, coñeceu hoxe a avaliación e pormenores do proxecto europeo BBTwins no transcurso dunhas xornadas celebradas no Consorcio os días 12 e 13 de setembro. Mejías trasladou aos responsables do proxecto as potencialidades e oportunidades de negocio que brinda Vigo e a súa área de influencia.
O proxecto europeo de referencia na dixitalización da cadea de valores agroalimentaria dos recursos naturais e produtivos coñécese baixo o nome de BBTwins, un conglomerado internacional con representantes de 7 países europeos que desenvolveu unha plataforma dixital que aplica tecnoloxía de vangarda ao proceso completo do sector, desde a orixe ata o consumidor final.