Escoitar

Mañá comezan as rutas guiadas gratis pola ría de Vigo para persoas maiores de 65 anos

O Concello ofrece 2.695 prazas, con reservas para persoas con mobilidade reducida, en barcos con capacidade para 55 pasaxeiros e dotados cun robot de visión submarina.

martes, 12 set 2023
Foto de arquivo do alcalde saudando á pasaxe nunha das travesías pola ría de Vigolo
Foto de arquivo do alcalde saudando á pasaxe nunha das travesías pola ría de Vigolo

As rutas guiadas pola ría de Vigo comezan este mércores 13 de setembro enmarcadas dentro do "Vigo, cidade amiga dos maiores" e totalmente gratuítas. “Queremos que as persoas maiores de 65 anos poidan navegar pola ría, coñecela e gozar de unha hora e media de travesía”, sinalou o rexedor.

O concello dispuxo un total de 2.695 prazas para todas as persoas maiores de 65 anos, que poden gozar da viaxe marítima acompañados por un familiar ou por un coidador. O programa tamén contempla a reserva de prazas destinadas a que as persoas con mobilidade reducida gocen dos percorridos pola ría.

Os participantes embarcaranse nunha nave con capacidade para 55 pasaxeiros. Durante unha hora e media realizarán unha navegación na que ademais de deleitarse coa paisaxe mariña, poderán contemplar os fondos da ría xa que o barco está dotado cun robot de visión submarina.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden facelo inscribíndose a través do servizo 010 do Concello de Vigo.

Ocupación hoteleira
A pasada fin de semana o nivel de ocupación hoteleira na cidade superou o 90%, o que significa que os hoteis estaban “practicamente cheos na súa totalidade, xente nos restaurantes, nos comercios...”, apuntou o alcalde, polo que “temos a Vigo convertida nunha das grandes cidades turísticas de Europa”.

Descargar todas as imaxes