Escoitar

O Concello ten rematados 11 novos murais do programa “Vigo, cidade de cor”

A novena edición do programa municipal para decorar murais continúa co pintado das tres obras restantes nas próximas semanas. Este martes, Javier Magalhaes inicia a súa actuación en Abeleira Menéndez.

luns, 26 xuñ 2023
Abel Caballero e Carmela Silva en 2021 durante a visita á obra de Amaia Arrazola no Pavillón do Carballal
Abel Caballero e Carmela Silva en 2021 durante a visita á obra de Amaia Arrazola no Pavillón do Carballal

O alcalde informou do desenvolvemento do IX programa municipal para decorar murais que este ano inclúe 14 actuacións en diferentes puntos da cidade polo que, en total, a cidade conta con 161 murais.

Nas vindeiras semanas executaranse as actuacións restantes: este martes, Xavier Magalhaes inicia os traballos de pintado no número 16 da rúa Abeleira Menéndez e, proximamente, Expostas – Vanessa Álvarez e Lorena Arévalo, traballarán en Coutadas 185 e Gorka Gil, en Doutor Carracido, 130.

A actuación de Javier Magalhaes en Abeleira Menéndez realizarase na mesma localización que a súa intervención do ano 2015, no primeiro programa de murais, que se foi deteriorando polas filtracións de auga do muro. Os técnicos estudaron as posibilidades de reparalo pero concluíron que non era viable polo que dacordo con Magalhaes, o goberno municipal dispuxo uns paneis no muro e, sobre eles, executará a súa nova obra.

O rexedor informou tamén da finalización do programa de murais nos colexios, que este ano inclúe sete centros: o Ceip Otero Pedrayo, a EEI Monte da Guía, o Ceip Fonte Escura, a EEI Rúa Aragón, o Ceip A Carrasqueira, o Ceip Mosteiro Bembrive e o Ceip Virxe do Rocío.

Caballero deu conta do remate dos traballos de pintado de 11 murais: Roberto Argüelles, no muro exterior do colexio Mestres Goldar; Fundación Igualarte, muro exterior urbanización Sotavento; Marcos Fernández Cea (Maz), muro exterior do colexio Compañía de María; Milu Correch, Castelao, 26; Marta Lapeña, rúa Benito Castro Nogueira, 8; Moon Venture, pista deportiva Torrecedeira; Pekolejo, polideportivo Valladares; Juan Díaz Faes, Coutadas, 87; Alba Fabre, Travesía de Vigo, 191; Anastasia Belous, Clara Campoamor, 21 e Colectivo malditas tenrura, Sisa e Sofi, Navarra, 18.

Descargar todas as imaxes