mércores, 5 mai 2021
O municipal Quiñones de León custodia desde este mércores as pezas, recuperadas pola Garda Civil no marco dunha investigación que continúa baixo segredo xudicial. O alcalde, que asinou co coronel xefe da Comandancia a acta de depósito, valorou o “enriquecemento da cultura universal a través destas pezas que hoxe forman parte da luz e saíron da escuridade grazas ao Seprona”.
xoves, 29 abr 2021
O alcalde e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, xunto a Darío Gil Arias, fillo de Xela Arias, presentaron este xoves o espectáculo de Laura LaMontagne &PicoAmperio, que se celebra o domingo 16 de maio ás 20:00 horas no Auditorio Mar de Vigo, como preámbulo do acto central do Día das Letras Galegas desde 2021.
martes, 27 abr 2021
Eladio y los Seres Queridos, Corizonas, Jorge Dréxler, Dorian, Batea e As Tanxugueiras, novas confirmacións para o festival, que xa supera as actuacións da pasada edición. A banda viguesa liderada por Eladio Santos interpretou este martes, durante a presentación, o seu éxito “El tiempo futuro”.
venres, 23 abr 2021
A praza Eduardo Chao, o Mercado de Teis e a Praza de América acolleron senllos actos de lectura pública nos que a cidadanía compartiu algún fragmento dos seus libros favoritos. O alcalde achegouse á Praza de América e compartiu coas persoas presentes unha parte da súa novela “O inverno das almas desterradas” e puxo en valor a profesión dos libreiros como “transmisores da cultura” e como transmisores de “coñecemento, paixón, imaxinación, capacidade de sentir” a través dos libros.
venres, 23 abr 2021
O alcalde comunicou a decisión de prorrogar un ano o contrato de limpeza dos centros públicos de Infantil e Primaria e das escolas infantís municipais, que inclúe medio millón de euros para facer fronte ao protocolo contra o Covid. “A Xunta está recibindo inxentes recursos de Europa para pagar este gasto e o Concello recibe cero da Xunta para desinfección”, denunciou Caballero.
xoves, 22 abr 2021
Mañá venres, 23 de abril, Día Internacional do Libro, Vigo acollerá diferentes actividades para conmemorar a data. O alcalde avanzou algunhas das propostas municipais para esta xornada e convidou á cidade a sumarse á celebración da data.
luns, 19 abr 2021
O próximo 23 de abril o MARCO ofertará varios obradoiros infantís para conmemorar o Día do Libro, unha actividade que se sumará a unha nova edición de Bookcrossing á que o museo se suma desde hai 15 anos, aínda que este ano será virtual por razóns de pandemia.
venres, 16 abr 2021
O alcalde, representantes da Fundación Penzol e a familia da autora – o seu fillo e a súa nai- a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2021, asistiron á apertura da exposición que permanecerá aberta ata o 31 de maio.
venres, 16 abr 2021
A peza escénica, creada por Fernando Abreu, está baseada no derradeiro poemario de Xela Arias “Intempériome” e conta coa música de Pablo Carrera, o cinema en directo de Roi Fernández e a voz de Mónica de Nut mesturada coa da propia escritora.
venres, 9 abr 2021
É o primeiro artista galego en conseguir un Grammy por un disco propio, “Terra”, e o primeiro en España en gañar dous Hollywood Music in Media Award. Home “moi vinculado a Vigo”, Minimalia foi recibido este venres na Alcaldía por Abel Caballero.