Abel Caballero: “O MARCO é unha das grandes referencias en España do arte contemporáneo”
O alcalde presentou nunha rolda de prensa no Museo de Arte Contemporánea o avance da programación para o primeiro semestre de 2023.
Abel Caballero fixo balance dun 2022 no que o recinto consagrouse como “un referente”, destacando a decisión de prolongar ata finais de febreiro da mostra de Francisco Leiro.
No tocante ao avance da programación do primeiro semestre de 2023, o alcalde sinalou que se tratan de “exposicións que van lograr que o MARCO continúe co gran nivel de preponderancia que ten no arte contemporáneo de toda España”. Neste período destaca a proposta de Andrea Costas Lago (“Desapego”), que convivirá dende xaneiro ata xuño, nos espazos da primeira planta coa gran mostra sobre “Laxeiro e a arte da súa época”, coa que o MARCO pechará o ano Laxeiro, unha visión nova que pon o acento no diálogo das súas obras coas doutros artistas da súa época. Tamén se contará, de marzo a setembro, coa retrospectiva da cineasta Jannick Bellon, e a individual do pintor Lluís Lleó, que realizando a súa primera exposición nun museo español tras varias décadas en Nova York, recollerá o testigo da de Francisco Leiro nas salas da planta baixa, completando este primeiro semestre de programación no MARCO.
O rexedor tamén quixo destacar o papel das actividades didácticas e complementarias que se celebran no museo, logrando que “a xente nova teña a capacidade de desfrutar da arte, xerando cidadáns cunha sensibilidade especial, crecendo a beira da cultura”. Caballero rematou convidando a que “todas aquelas accións culturais de importancia na cidade teñen o MARCO a súa disposición”.