O alcalde define o HALO como “unha obra de arte” que contará con iluminación nocturna
O alcalde deu conta esta mañá do avance das obras do HALO explicando que nestes momentos estase a executar a cimentación da torre principal de formigón que terá unha altura aproximada de 40 metros desde a rúa Serafín Avendaño. O proxecto prevé a instalación de iluminación nocturna con dous aeroxeneradores que proporcionarán ao conxunto da obra enerxía limpa todo o ano.