Escoitar

Concello e Deputación poñen en marcha a “Ruta Laxeiro en Vigo”

Abel Caballero explicou que a Xunta de Goberno Local aprobou este proxecto que terá como obxectivo dar a coñecer os lugares da cidade de Vigo vinculados coa figura do pintor. Ampliase a exposición “O antropomórfico” de Francisco Leiro ata o 26 de febreiro de 2023.

venres, 23 dec 2022
O alcalde na rolda de prensa deste venres
O alcalde na rolda de prensa deste venres

“Ruta Laxeiro en Vigo” trátase dun proxecto de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento da sinalización dos lugares da cidade vinculados coa figura do pintor, co obxectivo de realizar rutas que den a coñecer a relevancia do pintor entre os escolares e a cidadanía en xeral.

As rutas organizaranse ata o 30 de abril de 2023. O proxecto consta de dúas grandes partes, a realización e instalación de 11 placas de bronce conmemorativas e a implementación dun mapa web. Como sinalou o rexedor, “trátase dun recorrido polos espazos da cidade que teñen que ver con este gran pintor”.

O antropomórfico

O Padroado do MARCO confirmou esta semana a ampliación da exposición “O antropomórfico” de Francisco Leiro ata o 26 de febreiro de 2023, xa que Abel Caballero indicou que “trátase dun aporte excepcional a cultura de Vigo”.

ETEA

A Xunta de Goberno aprobou a autorización do pago dunha parcela da ETEA ao Consorcio da Zona Franca de Vigo. O importe é de 2.926.000 euros polo PS-1, que consta dos viarios amplos e de conexión na ETEA. Ademais, o alcalde deu conta en rolda de prensa que haberá un alugueiro simbólico do PS-4, o ámbito deportivo, para que os cidadáns e cidadás de Vigo sigan a facer deporte.

Caballero lamentou que a Xunta incumpra as súas obrigas coa ETEA e exixiu o pago do importe polo PS-1 para a súa utilización. “Ímolo reclamar nos tribunais”, sentenciou.

 

Descargar todas as imaxes