Escoitar

Comezan as visitas guiadas á Vila romana de Toralla

O Concello retoma este xoves 27 de xullo as recreacións históricas no xacemento arqueolóxico, que poderán realizarse nos meses de xullo e agosto e para as que non é necesaria a cita previa.

luns, 24 xul 2023
Vista da Vila romana de Toralla
Vista da Vila romana de Toralla

A vila romana de Toralla recibe esta semana as primeiras visitas guiadas desta temporada. As persoas interesadas en coñecer como se desenvolvía a vida das mulleres e homes da época romana na vila poderán asistir ao espectáculo no que os figurantes, ataviados con roupaxe da época, recrearán diferentes escenas cotiás como a presentación en sociedade dos recen nados, a venda de escravos ou a loita de gladiadores, entre outras.

As visitas serán os xoves 27 de xullo e os xoves 3, 10 e 24 de agosto. Amais, haberá visitas o venres 18 de agosto coincidindo coa Noite Branca. Haberá dous pases cada día: o primeiro ás 20 horas e o segundo ás 21 horas da noite. No caso do venres 18, na Noite Branca, os pases terán lugar cada hora desde as 20 ás 23 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

Descargar todas as imaxes