O Marisquiño estrea escenario en Samil con 15 actuacións de artistas urbanos
Vigo acolle a vixésimo terceira edición do festival entre o 11 e o 13 de agosto coas tres probas máis importantes en Samil, o descenso desde O Castro e actividades en Navia e na Porta do Sol. Hoxe presentouse a programación musical.
O alcalde participou este xoves na presentación en Samil da programación musical do festival O Marisquiño que durante os 4 días de celebración reunirá no novo escenario a pé de praia a 15 artistas urbanos nun cartel paritario con presenza de músicos locais.
Abel Caballero apuntou que O Marisquiño servirá nesta nova edición para que Vigo “volva ser unha referencia dos deportes urbanos en toda Europa e todo o mundo”. Sobre o traslado dos concertos a Samil considera que foi unha “decisión valente. Un novo avance na forma de pensar os concertos”. O Concello e a Deputación gobernada por Carmela Silva comprometeron 1.140.000 euros ao festival, a totalidade do financiamento, para “seguir poñendo a Vigo no eixo da observación do mundo; quero que o mundo siga mirando para Vigo” e avanzou que “imos ter un Marisquiño excepcional”.
Joako Ezpeleta, director do Marisquiño explicou que Samil acolle este ano as tres probas máis importantes do festival: Skate, BMX e o Dirt Jump, mentres que o descenso será o sábado 12 de agosto desde a fortaleza do Castro ata a Praza do Berbés e a Batalla de Galos se celebra na Porta do Sol o domingo 13 de agosto. Ademais haberá talleres en Navia e na zona do Náutico, baloncesto.
A vixésimo terceira edición do festival O Marisquiño celébrase do 11 ao 13 de agosto estreando un novo escenario de concertos en Samil, a pé de praia. Haberá 15 actuacións de artistas urbanos aos que se sumarán grupos e artistas novos locais nun cartel paritario, con presenza notable de artistas femininas, artistas e colectivos que representan a diversidade e a inclusión.
Víctor Flores, responsable música do Marisquiño deu conta dos artistas que participan nesta nova edición do Marisquiño: STICKY MA (trap español), PONGO (a raíña angolana do kuduro), ALBANY (a raíña do sad trap en España), MUNIC HB (barcelonés de orixe gambiano, nova promesa do trap en España), ODDLIQUOR (madrileño con sons que van desde o R&B á electrónica, pasando por dancehall e o trap), BEAUTY PIKETE (novo talento da canteira local, que xa conta con colaboracións con artistas como C.Tangana). Completan a oferta musical sesións de DJ e showcases de colectivos: Sote e Saya, Anita B Queen, a vigueses Antípoda e J.Curto; Clara!, Antídoto, Neo2000KLUB, Polenta, POL4KA e VerusK.
Na presentación participou tamén Javier Cochón, director de Mahou Galicia, puxo en valor o escenario de celebración dos concertos este ano e animou á cidadanía viguesa, española e de todo o mundo a achegarse á praia e gozar dos concertos.