xoves, 28 dec 2006
A Casa das Artes acolle desde o día 28 de decembro a exposición "Obras da colección de ARTE GALEGA DO SÉCULO XX do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León" que ten como obxecto mostrar ao público con carácter permanente unha selección de obras das coleccións de belas artes do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León.
venres, 22 dec 2006
A mostra, permanecerá aberta ao público nas salas de exposición permanente do Museo ata o 7 de xaneiro de 2007 e reúne unha selección de obras escultóricas e pictóricas.
venres, 22 dec 2006
O Museo Verbum-Casa das Palabras acolle a partir de hoxe venres e ata o 7 de xaneiro a mostra "O xogo e o xoguete", organizada coa colaboración da Fundación Raquel Chaves e dirixida a todos os públicos. A exposición será inaugurada ás 20.00 horas pola alcaldesa.
venres, 22 dec 2006
El Museo Verbum-Casa das Palabras acoge a partir de hoy viernes hasta el 7 de enero la muestra "El juego y el juguete", organizada con la colaboración de la Fundación Raquel Chaves y dirigida a todos los públicos. La exposición será inaugurada a las 20.00 horas por la alcaldesa.
martes, 19 dec 2006
A partir do 26 de decembro darán comezo no Laboratorio das Artes do MARCO os obradoiros de Nadal deste museo, dirixidos a público infantil de entre 3 e 8 anos. Os obradoiros estarán en marcha durante dúas semanas consecutivas: a semana de Nadal (do 26 ao 30 de decembro) e a semana de Aninovo (do 2 ao 7 de xaneiro).
martes, 19 dec 2006
A partir del 26 de diciembre darán comienzo en el Laboratorio de las Artes del MARCO los talleres de Navidad de este museo, dirigidos a público infantil de entre 3 y 8 años. Los talleres estarán en marcha durante dos semanas consecutivas: la semana de Navidad (del 26 al 30 de diciembre) y la semana de Año Nuevo (del 2 al 7 de enero).
luns, 18 dec 2006
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou o concerto que clausura, o martes día 19 de decembro, o Festival de Música "Are More" 2006. O "Concerto barroco na Cidade Prohibida", a música chinesa e os instrumentos, será ás 20.30 horas no teatro-cine Fraga CaixaGalicia.
mércores, 13 dec 2006
O ciclo de música "Are More" 2006 organiza unha conferencia "Clase maxistral: CONFUTATIS MALEDICTIS, unha revisión crítica do Requiem de Mozart" que estará a cargo de profesor Alvaro Zádivar. A conferencia terá lugar o día 15 de decemrbo ás 20:30 horas no salón de actos da Casa Galega da Cultura con entrada libre ata completar o aforo.
Unha mostra antolóxica achega á Casa das Palabras o traballos dos novos autores galegos de banda deseñada
mércores, 13 dec 2006
"5 anos de BD banda, Escolma dos novos creadores de banda deseñada galega" é o título da mostra que desde o día 13 de decembro e ata o 11 de febreiro poderase ver no Vérbum. Trátase que de obras orixinais de 34 autores de cómic do noso país que publicaron ao longo do último lustro na revista "BD Banda".
luns, 11 dec 2006
Setenta gravados realizados por persoas con discapacidade serán expostos na Casa Galega da Cultura a partir do próximo xoves dentro da mostra do II Certame Pasoarte, baixo o lema "Retrátate".